Unha carta con novas do Ecuador e do Perú

Meu querido Fernando:

Escribote hoxe dende ” Lima “, a capital do ” Perú “, onde chegamos ontes; fixemos parte da viaxe en autocarro por facerse máis rapidamente que en ferrocarril, xa que eiquí o país é dabondo crebado na ribeira, e os trens non poden acadar grandes velocidades.

Procurei mercar, sobor iste país e sobor o ” Ecuador “, que deixamos antonte, unha información breve e lixeira, e complaceme en comunicarche, por si nos meus datos podes atopar algún de interese para as túas notas de viaxe que, en tal caso, serán nosas notas.

Antecedendo, pois, con orde, vou falarte do ” Ecuador ” e logo falareite do ” Perú “. Ti sabes ben que o ” Ecuador ” chamase así por cruzar o seu territorio a ” Linea Ecuatorial “.

No chan do ” Ecuador ” campan perfetamente tres zonas paralelas: a ” COSTA “, os ” ANDES “, e a ” SELVA “. A zona da ribeira ou linde co mar  ten só de 20 a 200 kilómetros de amplitude, seguindo logo dúas cadeas montuosas paralelas, afastadas entre sí por uns 60 a 65 km.. O terreo que fica entre istas dúas dúas liñas de montes dan xeito a un altiplano de uns 3,000 metros. A capital ” Quito “, atópase erguida no relinde occidental d’iste altiplano, a 3,000 metros sobor do nivel do mar.

A zona andina do ” Ecuador ” ten unha gran actividade volcánica: algúns volcans están en erupción e outros moitos fican en quietude. Os máis acolloantes, polas seus inxentes proporcións, son, o ” PICHICHA “, a cuxo pe atópase a cidade de ” Quito “, o ” CHIMBORAZO “, situado un pouco máis o sur e o cal ergue a súa mol ata 6,310 metros.; o ” COTOPACHI “, e o ” CHILES “.

É curioso notar, que istes volcáns ecuatorianos non arroxan case ningunhas lavas, senon auga, cinzas e anacos de rochas.

O clima é tropical nas zonas baixas e moi agradábel no altiplano ou ” TIERRA FRESCA “: hay anualmente unha estación de abondantes chuvias que constituen o incerno do país, e outra estación seca, que é o verán; o mes de Xulio, é, eiquí o máis xélido do ano.

Os produtos do chan ecuatoriano son: o ” CACAO ” fundamentalmente, o ” CAUCHO “, ” PIELES “, a ” TAGUA ” ou marfil vexetal e ouro, en menor suporte. En canto as súas indrustrias, son ainda poucas; mais é propio d’iste país a produción do chapeus de ” Jipi-japa “.

Amáis de ” Quito “, que é a capital, e que conta con máis de 200 mil poboadores e posúe belos edificios nos cales aloxanse as dependencias e servizos do goberno e os centros culturais superiois do país, é de importancia ” Guataquil “, o gran peirao comercial do ” Ecuador “, cidade de poboación por riba da capital; tamén é importante a cidade de ” Cuenca “.

A unhas 500 millas da súa ribeira, o ” Ecuador ” posúe as illas de ” Colón ” ou de ” Galápagos “, pouco poboadas.

Os territorios que forman hoxe o ” Ecuador ” pertencían con anterioridade o pobo ” Quichúa “, cuxo xefe ostenba a titularidade de ” Quitus ” ou emperador, do cal deriva o nome da capital.

Cando o capitan español ” D. Sebastián de Benalcázar ” chegou a terras do ” Ecuador “, por orde de ” Pizarro “, e conquistou o reino de ” Quito “, cara medio século que iste país atopabase subxugado a os incas do  ” Perú “.

Xa en poder de ” España “, aderiuse primeriro o virreinato do ” Perú “; mais no século XVIII foi anexado o virreinato de ” Nueva Granada “.

En 1809 produxose un levantamento para preogar a independencia do país: poido sufocarse aquella tentativa, mais, recuncados os feitos en 1822, e logo da duro combate de ” Pichicha “, o xeneral venezolano ” Sucre ” logrou a proclama da independencia.

Unha vez ceibes, admitiron os ecuatorianos a constitución de ” Colombia “, uníndose a ela: mais en 1830 afastáronse e fundaron o estado do ” Ecuador “.

Iste país, é un dos que máis traballaron pola cultura, facendo obrigatoria a esinanza e xerando numereiras escolas e establecementos de cultura superior.

É, indubidablemente, un país dun gran porvir, feito o patriotismo e a labourosidade dos seu poboadores.

Respeito o ” Perú “, me din que, nos primeiros anos da colonización española, o seu territorio foi moito máis amplo que o que ten hoxe. Case todolos territorios da ” América Meridional ” dependían entón do ” Perú “, ónde  ” España ” fixou a capitalidade dun dos virreinatos.

A fortuna chegou a ser grande eiquí, pois o subsolo é moi rico en metais, entre eles a prata: isto deu lugar a que, cando se quería avaliar a riqueza dunha cousa,o vulgo soía e soe dicir ” Vale un Perú “.

O territorio d’iste país é moi dispar, un pode imaxinalo denotado por tres zonas, a semellanza do ” Ecuador “: a ribeira a cabalo entre os ” Andes ” e o ” Pacífico “; a zona andina, empinada e pobre, e a zona interior, baixa e tropical, regada por algúns dos afluintes do ” Amazonas “.

A zona máis poboada e civilizada do país  é  a ribeireña, ónde se atopa ” Lima “, que é unha cidade moi fermosa; xunto a ela atópase o peirao do ” Callao “.

As altas zonas andinas son desertas e maniñas: só viven alí algúns montés coidando do seus rabaños de vicuñas, llamas e guanacos. Din que é tétrico o espectáculo d’istes montes espidos, con herbas miserentas e case secas, facéndose a respiración arela pola altitude e a vista cega polo exceso de luz, a semellantes antiplanicies desoladas as chaman os peruanos ” Puna ” e tamén chamn así o ” Mal de Montaña ” sen dúbida por sentirse n’elas as molestias de dito mal.

Os vales pola contra, son fermosos e vizosos: nun d’eles atópase a cidade de ” Jauja “, respeito da cal tan pitorescas e foliadas descipcións se fixeron, esaxerando, naturalmente, as condicións de vizosidade do seu chan.

A banda baixa do país, na zona interior, atópase chea de fragas vírxenes e poboada ainda por indíxenas nun estado pouco civilizado. N’ista zona abonda o caucho.

Polas diferenzas do nivel das súas terras, produce o ” Perú ” unha gran variedade de prantas unha das súsa principais esportacións é a ” Quinina “, pranta que vive nas vertentes andinas; nas bandas máis baixas e veciñas a chaira,

Antes de chegar os españois o ” Perú “, domeaban eiquí os indios chamados ” Incas “, os cales acadaban un grao dabondo regular de cultura, que rematou nun apoxeo acadado durante o imperio de ” Buayna Capac “, en 1525. As guerras civís que estalaron entre os sucesores d’iste emperador, axudaron moito a conquista feita polos españois.

Ainda cando en todo o país falabase español, os indios que poboaban nas zonas andinas e nas rexións chairas non recoñecidas ainda, falan o primitivo idioma do país, o ” Quechua “

No  ” Perú ” os ferrocarriles son de costosísima construción , teñen que librar grandes desniveis en poucos kilómetros, o cal fai xusto notábels obras de enxenería. Como por exemplo direiche que o ferrocarril de ” Lima ” a ” Oraya ” ten que acadar unha altura de 4,834 metros en só 170 kilómetros de percorrido.

Amáis de ” Caña de Azucar “, de ” Carbón “, de ” Algodón ” e de ” Caucho “.

” Arequipa ” é o que podería chamarse a capital do sur de ” Perú “. ” Trujillo “é unha cidade que se atopa na ribeira norte, ista foi fundada por ” Pizarro ” en 1534.

Na ribeira peruana atópanse as afamadas illas ” Chinhcas ” , notábels polo amoreamento n’elas das deyecións das aves mariñas, chegan a constituir moreas enormes de ” Guano “, que utilizanse para abonar os campos. ” España ” apoderouse en 1864 d’istas illas como garantía dunha rechamada diplomática; e non sendo ista atendida, a escuadra española, as ordes de ” Méndez Núñez “, bombardeou o perirao do ” Callao ” en 1866.

Habianse orixinado, namentres istos derradeiros anos, diferenzas entre ” Perú ” e ” Chile ” por cuestión do territorio ónde se atopan as poboacións de ” Tacna ” e de ” Arica “, mais cada un d’istes estados quixeran apodeirarseas.

Recentemente, os ” Estados Unidos ” exerciran a súa mediación, concedindo ” Tacna ” o ” Perú ” e ” Arica ” a ” Chile “.

Bo: penso que xe te fatiguei dabondo enchendo tantas páxinas; enviote á parte unhas postais ilustradas para que elas te axúnden a axeitarte millor idea d’istes países.

Meu pai encargoume con benquerenza saúdos para o teu e para tí, e eu tamén rogote teñas a bondade de dar de novo a teu pai moitas grazas polo maxestuoso agasallo  que me fixo na ” Habana “, e que gardarei y lembrarei sempre.

E tí, meu queridiño Fernando, dispón como queiras do teu bo amigo que non te esquece. -” JOAQUÍN “

 

El Grupo Jatari · El Grupo Jatari: Folk Music of Argentina, Bolivia, Chile, Ecuador, Peru and Venezuela

Colombia , Venezuela e as Guayanas

Colombia atopase na parte N.O. da ” América del Sur “, e ten ribeira no ” Atlántico ” e no ” Pacífico “. Deuselle o nome en honra a Colón, ainda que semella houbera resultado máis xusto se chamase Colombia a todo o continente americano. Mais é máis considerábel agora trocar a ” América ” por nome, en honra de ” Amerigo Vepucci “, nauta florentino, que fixo varios descobrementos na ” América Central ” e do sur.

A banda occidental de ” Colombia  “, ouseña a banda xunta o  ” Pacífico “, no monte e crebada: a constituen tres elevadas fileiras de montes andinas con os seus bicos nevaradas e deixando entre sí vals de gran vizosidade. A banda occidental, ou xunta o  ” Atlántico ” é chaira, de clima moi húmido, e n’algunhas zonas, pouco san. Entre terreos bixos forman parte da corrente dos ríos ” Orinoco ” e ” Amazonas “.

Na serra central de ” Colombia ” atopanse varios volcáns, sendo o bico de maior cota o do volcán ” Nevado del Huila “.

 O río ” Magdalena ” Corre por terreo chairo e é a arteria comecial máis importante do país, puidéndose navegar por él nunha lonxitude de perto de 1000 kilómetros: na banda dereita d’este río, que é un dos maiores do globo. e a moi repectábel cota de 2500 metros derriba do mar, érguese a capital de ” Colombia “, a cidade de ” Santa Fe de Bogotá “.

Na foz do río ” Magdalena ” atopase o gran porto comercial de ” Barranquilla “, a non moita distancia da cidade de ” Cartagena “, chamada con anterioridade a ” Cuna das Indias ” por ser entón o porto de maior significación de ” Colombia “.

O país atópase pouco poboado e a maior cacho da poboación mora nas zonas montuosas, por ser alí a vida máis saudábel e afábel que nas terras da chaira; fora das cidades, case todala poboación atópase composta por indíxenas.

Respeito a súa vexetación (en calquera sito vense chores): hainas de cor púrpura, amarelas, moteadas, unhas abrense senlleiras, outras en fatado e caen en guirnaldas de racimos ou de umbelas. E enrriba d’estas prantas e chores de tan extravagante beleza, inza un mundo de vistosos animáis alados que zorregan  con o lixeiro tremer das súas ás. Hachanse orquídeas formidábels que semellan a formas dunha ave, de mil concepcións da imaxinación.

Colombia constituíu, primeiro a colonia española chamada de ” Nueva Granada “. Bogotá foi a capital de un dos territorios que  ” España ” tiña na ” América del Sur “. Ó ficar ” Colombia ” independente, uniuse por pouco a ” Venezuela ” e ” Ecuador “, mais en 1830 se afastaron d’ela aqueles paises. En 1856 convertiuse a república en federal.


” Venezuela ” atopase o N de ” Colombia ” e tódalas súas ribeiras son atlánticas: n’ela por un estreito oco que da co mar con a lagóa ” Maracaibo “. Por certo que, segundo a tradición, o chegar os españois por primeira vez as ribeiras d’esta lagóa, din que construiron unha pequena cidade erguida sobre uns piares de madeira, un verdadeiro pobo palustre, e talvez en chola deronlle o nome de ” Venezuela ” que ven a ser un diminutivo de Venecia, a cidade italiana erguida tamén sobre piares, dentro do mar.

O mesmo que nos países da ” América Central ” e que en ” Colombia “, a poboación, eiquí, estableceuse con prioridade nas zonas de media altitude, por ser n’elas o clima menos extremoso ca nas baixas chairas, e moito máis sans. En ” Venezuela ” a rexión seguindo a ribeira é a rexión montuosa ergéndose alí o cordal ” Caribe “, que polos montes de ” Mérida ” unese a alta rexión dos ” Andes “.

Todos istes obxeccións e desconvenientes do terreo fixeron renunciar a máis de un, dos capitáns que ordeaban a viaxe española de conquista, que as aguilloaduras dos insectos e a severidade do clima orixinaban máis mortes que as frechas envelenadas dos indios.

Os que subsisten en dita rexión pertencen o grupo chamado ” Caribe “: hai tamén moitos africans excravizados dende ” Africa ” e algúns indios asiáticos e chineses que traballaban nas prantacións.

En ” Venezuela “, como en ” Colombia “os produtos do agro con os que tamén a riqueza que atesoura o pan: eiquí o cultivo do café ten moita relevancia, seguindolle o do cacao e o do azucre. A crianza de gando comeza a ser un factorconsiderábel, como tamén o é a exportación de gando.

O ouro, con o seu consmo sen par, levou fai algúns anos, mineiros, aventureiros e traballadores as pradeiras do ” Orinoco “, na búsqueda do codizado metal.

A capital de ” Venezuela ” é ” Caracas ” e o primeiro porto do país ” Maracaibo “. Caracas é unha bela cidade con rúas que se cortan en ángulo recto, con ambolos dous bulevares chéas de árbores e estatuas.

O ” Capitolio “, de teor ” Árabe ” , é edificio maxestuoso e atópase no centro dun belo parque. Outro monumento considerable é o ” Panteón Nacional “, ónde repousan os restos dos heróes venezolanos Bolivar, Páez e outros. Tamén sonche digno de mención a ” Biblioteca “, o ” Museo “, a ” Universidad ” e o ” Teatro Nacional “.


As ” Guayanas ” , o territorio das ” Guayanas ” formase por unha ampla faxa ribeireña de terreos chairos e por unha zona interior de mesetas e altiplanices. o clima e as produccións son semellantes as de ” Venezuela “.

Existen tres  ” Guayanas “, que a partir dos lindes con ” Venezuela “, toman o nome de: ” Guayana Inglesa, Holandesa e Francesa “. A inglesa é a de maior estensión e a francesa a máis pequena. Ista derradeira é tamén a que menos recursos ten, pois durante moitos anos foi unha colonia penitenciaria.

N’este territorio explotase tamén o ouro e é se cultiva o cacao e a caña de azucre.

A capital da ” Guayana Inglesa ” é ” Georgetown ” ( Cidade de Xurxo ), na ribeira. A capital da ” Guayana Holandesa ” é ” Paramaribo “, boa parte da cal formase por chabolos de madeira e atravesada por canais, a semellanza das cidades holandesas; a capital da ” Guayana Francesa ” é ” Cayena “.

Teodora Brody-Enache · Teodora Enache-Blues Moldav