Etiqueta: Poesia
Poema Dos Olhos da Amada – Caetano Veloso
Chico Buarque – Medo de amar (Vinícius de Moraes)
Velaxe
Tremo cando oio vir o medo
perdo, perdo e no me teño.
Pago moito e cobro pouco
Vivo máis sen ter remedio
agocho futuros sendo miudo
arranxo camiños sen ter ido.
Collerme na fala é un mundo
bater contra as ondas do río
amorear manso de cumulos
de lembranzas para acougar
os nervos a flor de piel, rebulo
carnaxe da liberdade do luar
lumea por astros recapítulo
sentimentos en contra, suar
percorrenco o corpo ben rudo.
Estrano do Edén, lecer a velar
a noite volve, escura e nula
no corazon desexo que poidera
trocar propios da nai natura
decontado surxo das candelas
sen fame, sen carne que aturar.
Soidade
Fonchos persoaxes carentes de amizades
valedores de honra nas escritas variedades
pouco tempo leva no camiño con súa idade
emocións que baldías salvo a da dignidade.
Logo penso no troco que vai de verba en verba
e so atopo atopo a lixereza do vento no aire
non cansa a densidade d’el cansa or que terma
apertados os uns contra os outros son a cápside
que me fan millor amigo teu, e tamén o irmán
xa nunca o foi máis e ben vivida chega a vivila.
Apertas de homes e mulleres de pai e nais dan
os que nada mal temen dos veciños d’arriba
e pola contra tiran do que fica deitado no chan
agochado da vida social chamanlle ser un paria,
mais non surxe da gaña, se non da necesidade
de decontar con a vida que lle devolve a humildade
tamén por as mesmas ten asumida a honestidade
¿ Poidera un só recabar toda a desexada verdade?
Paradoxas
Do rei e a sua familia afastadevos
ou pola contra seredes sempre escravos
Nos vaos nas que esteades pechados
tornan febles para poder el escacharvos.
Quen pode paralo namentres ficamos ebelesados
dámonos o noso taballo
máis él nos quere afogados.
Moito lle levo aturado,
e tamén moito calado.
Nin serás, nin amigos
que fagan ben o camiño
e xa postos o pes hulindo
os regos de cepa do viño
Os cartos que cobres do fio
telos que demostrar sen lio.
– O dereito o traballo haise que gañalo
namenteres él fica vivindo o seu carallo
” Ya toi volando baby “
Orixes
A apostata e renagado estivo os latexos como un paria
B beneficio é pouco e vivir n’esta banda remata con raiba
C compoñer maís versos alexandrinos sen astio e sen dores
D desbotábel no é una opción fastosa de crisois e mil cores
E empregando ondas infidas podo ver que a tua e miña
F frotis das lembranzas que mateñen a esquiva ruina
G gromos de perdas desvaecidas polas contas dun reloxo
H hipoxeusia na desgana cotidia e tolo dun fogar sen tixolo
J non teño xogada para ista dixita mais acado bicos que tintan
K kafkiano resolto polo que pida lidar poucas mágoas e ledicias
L letalidade das frechas d’ese cupido semellante o fillo Ícaro
M marcos que varren polas de barallas inxentes do clamor
N non, non o dixen eu, mais podera conter folgos e asubiar
Ñ valeiro fico esperto enriba do leito de cotons no cadro da ria
O oasis de soños rematados por fermosas liñas de trincas
P pabeas da cor dos teus ollos reflexadas en avelaiños días
Q quebrado e misturado alo onde se fan o soños sen algarabia
R ruando a muido, viaxando nos cheiros do porvir arela e ansia
S sabedor da valía dunha sinxela pedra de seixo abatíbel
T termar do estrondo nas bágoas da rosada na mañan ceibe
U ufido afogado na calma dunha nai que quero por sempre
V vaos que tronzan como se foran follas dun aire que non lamente
W pois xa o fixen e no camiño do tempo ficou esquecendo amores
X xabre trocado de cachiños de lábaros mecenas dos tremores
Z zafada dos tedios agora o camiño mostrase con máis xente.
Erato (Musa da Poesía Romántica)
Marco Garcia – ” Terra de acolá”
Infame por non ver, o será
por recordar os compañeiros,
xa no camiño atopamonos
a sombra de arbóres algo terá.
A que sempre está comigo
da man voando vemonos,
na procura dun xeito tenaz.
Os servos dos mellores amigos
nas cantigas botan os folgos,
dos pormenores das festas.
Terreos de cores con agarimo
anuncian o troco por algo novo,
e non se esquezen dos celtas.
Loitas de suor e luxado limo
os bechos se recollen de novo,
dirixidos pola lúa entre herbas.
Marco Garcia – “Fun labrego”
Dun blasón esvaecido no tempo
xurde a incógnita familia labrega;
loitadora polos praos de fresca herba,
sesgada coa fouciña amodiño e pouco.
Sen perder camiño que os valos sinalan,
os pouquiños recunchos onde se agochar,
de raios ferintes do astro rey no ceo cobrar.
Unha xornada de esforzos e taballo calan;
mais non perder o tempo, agas para repousar,
e así sexa de paso festexar con ledicia
que axiña pasen as estacions máis frías,
logo haberá na mesa pan, centeo e o xantar.
A xuntanza o roedor da lareira que quenza,
cun lume vivo e acolledor os contos voan,
alentando, risadas, viño e a amizade acotan.
No muiño que xira a roda empurra a fervenza
( “En memoria de Elisa, a miña aboa” )