Camiño da India

Namesntres o veleiro vai adiantando polo ” Golfo de Bengala “, vótolle unha ollada o meu atlas e as narracións que fan sinal a ” India “. Vexo no mapa o feitío triangular que aflixe iste país, e vexo que atópase abeirado por montes, menos nas dúas zonas de terras chairas, atópadas correspondentemente, no este e oeste, e que son os furados por onde encontran paso cara o mar os dous grandes ríos ” Yndo ” e ” Ganges”.

Polo norte do país exténdese unha barreira case infranqueábel de montes, dando xeito o gran entrepano do ” Himalaya “, no cal érguense os catro bicos de maior altura do mundo, entre eles ” Gauritankar “, e no norte ” Everest “, o cal ergue o seu cume ata 8,840 metros sobor do nivel do mar.

A banda central da ” India ” atópase atravesada, de oeste a este, por outra cordal que se chama ” Vindya “, e percorre ista zona o río ” Narbeda “, o cal separa o país en dúas grandes rexións; a norte, ou ” Indostán ” e a sur ou ” Decán ” .

O ” Indostán ” conta con a rexión brava do “Ganges “: mais ten tamén amplas zonas sécuras e case desértas. O ” Decán “, en conxunto, é zona máis ben montuosa e menos vizosa. Mais ten unha rexión chamada ” Golconda “, na cal floreou a capital d’un gran reino, polas riquezas que se acadaban dos seus xacementos de pedras prezadas.

Dime o camareiro chinés, que tan afabelmente resposta as miñas inquiras, que o calor na ” India ” , é moi sufocante e as choivas, moi abondosas en certos meses.

A maior parte da poboación da ” India ” viven do cultivo das arroceiras, da triga e de outros cereáis: n’istas labouras lles axudan os elefantes desbravados, cuxa forza fastuosa fan uso de xeito senellante a como os agroeiros de ” España ” fan uso do bois e mulas.

A ” India “, como a ” China “, é un país de moita antigüidade, posto que a súa historia, chega ata uns 2,000 anos antergos a J.C.. A primeira toma da que se ten novas, é a dos ” Arios “, que metéronse na ” India ” polos montes do noroeste; logo que istes invasores tomaran en propiedade o país, subxugaron a os indíxenas como escravos. Tal semella ser a orixe das castas que foise mantendo na ” India “; os vincidos deron xeito a derradeira casta, a máis desprezábel, e non poideran, os que pertencían a ela, que foran case todos os indios, ter linaxe nin esposarse con xentes de outras castas, tidas por superiores. Con excepción, rexeitáronse os pais e sabidos d’ista casta chamada dos ” Brahmanes “.

Os invasores ” Arios ” erixíronse con peferencia nos váles do ” Ganges ” e do ” Yndo ” ; con seguridade por ser istes os lugares máis vizosos do país.

Depauperados os ” Arios “, invadiron logo o país, os persas primeiro, e os gregos logo, ainda que ámbalas dúas invasións no pasaron de tomar só unha parte dos ” Yndos-Tán “. Para diminuir o perigo de novas invasións, formouse no centro do país un forte estado baixo o poder d’un gran emperador chamado ” Asoka “, e íste fixo frorecer con notabilidade a civilización india.

Por aquél entón foi espallándose o ” Budismo ” ou relixión de ” Buda ” que foi unha mudanza do ” Brahamanismo “. O mesmo unha que outra decontan aínda en nosos días domeando na ” India “.

Aló polo ano 1,000, un exército de mahometanos, axeitado por tropéis turcas do ” Afganistán ” conquistou a ” India ” con fixeza na banda norte. Foi secesionado o país en varios reinos, dos cáles apodeiráronse varios príncipes mahometanos, e os indios ficaron novamente subxgados. Na metade do século XVI, sufríu a ” India ” outra Invasión de tropéis mongólas, baixo o control d’ún caudillo ” Raler “, cuxo neto chegou a ser un dos máis poderosos monarcas que xamáis se veu.

O desenrrolarse en ” Europa ” a costume as viaxes e decobrementos, algúns europeos comezaron a visitar a ” India “: e semellantes cousas de benaventuranza viron eiquí que, o retornar a ” Europa “, facíanse linguas do luxo asiático da corte do ” Gran Mongol “, cuxa fermosa capital é ” Delhi “.

Aquela forza e fulgor non foi duradeira, e a ” India ” rematou dividíndose en numereiros pequenos reinos. Entón os ingleses pediron e obtiveron d’un dos reiezuelos indios licenza para aveciñar produccións comerciáis en ” Calcuta “, ” Madrás ” e ” Jorata “. Foi ísta a orixe da chamada ” Compañía de la Indias ” que centralizou, por moitos anos, todo o comerzo de ” Inglaterra ” e ” Holanda ” con iste país.

” España ” tivo tamén, por algún tempo, un pequeno territorio eiquí, o cal contaba inclusive a cidade de ” Bombay “, elo foi en débeda a que tal territorio pertencía a ” Portugal “, e, o xuntarse iste país a ” España “, ” Felipe II ” foi señor d’aquela pequena colonia índica, a cal recobrou ” Portugal ” cando se voltaron a afastar.

O desenrrolarse en ” Europa ” os afáns por colonizar a ” India “, xurde unha guerra entre ” Francia ” e ” Inglaterra ” sendo o fin os franceses desbaratados. Entón un príncipe cru da ” India ” , o chamado ” Nabab de Carmatic “, para vingarse dos ingleses, fixo preso a 150 d’ístes e os pechou nun alxube de ” Calcuta “; as dimensións do alxube foron tan pequenas e a aeración tan parca, que aqueles malpocados morreron envelenados polo anhídrido carbónico do súa propia cautividade. Iste feito indignou, como foi de agardar, a ” Inglaterra “, e ísta mandou tropéis o mando de ” Clive “, que xa con anterrioridade discerniu pelexando na ” India “, o cal penou aquel feito sometendo os principáis reis indios.

En 1857 prodúxose na ” India ” un levantamento xeral contra ” Inglaterra “; mais, ista conseguiu sufocar aquel movemento, e o goberno inglés, aproveitando aquela situación, dirimiu o outorgamento que tiña feita a ” Compañía de las Indias ” e outorgoulle a raiña ” Victoria ” a misión de governar sobre iste país como soberana. En 1876 a raiña de ” Inglaterra ” recibiu a tituaridade de ” Emperatriz de la India “, titularidade que dende entón ven facendo alarde os reises de ” Inglaterra “.

A avoiña quixo contarme un conto indio, cousa que lle agradezo moito, pois as súas narracións son sempre para mín de moito interese.

Unha vez – Da comezo – encarreirándose un indixente agroeiro a praza de abastos, apeado n’un guindastre tirado por un burro, levando trás d’él, e anoada a unha corda, unha godalla. O viron partir tres garduños e decidiron furtarlle; un furtarialle a godalla, outro o burro e o terceiro foi tan afouto, que pensou en furtarlle o tabardo sen que él fixera contra algunha.

O primeiro garduño segiu o agroeiro no seu camiño e, sen que íste se dera de conta, cortou a corda que suxeitaba a godalla e colocou na cola do burro o campanil que a cabra levaba pendente do pescozo. O agroeiro, ata pasar un cacho de tempo, non se deu de conta que lle roubaran a cabra.

Volvéndo a mirada cara atrás case de inmediato para cachar o afouto garduño, e a pouco atópouse no cmiño con o segundo garduño, a quén inquiriu se vira un home que levaba unha cabra.

-Si – respondeulle íste – por ahí pasou fai un anaco, mais tomou por ista fraga tan mesta. Se queres seguilo, podes deixar eiquí o burro e eu a gardarei.

O fiado agroeiro conviño o trato mostrando agradecemento, e logo de percorrer aquela fraga volveu xadeante o camiño e non atopou nin o gardador, nin o burro.

Anoxado e temendo fora vítima d’un novo furto, volve a cara a súa casa, cando oiu, xunto a un goio, gallamouto doentes. Achegouse alí para ver que laiaba con gran dor.

-¡ Probe de mín ! – dicía . Caume un tesouro cheo de pedras prezadas n’iste goio, e non poido baixar a recollelo porque estou tullido e non sei nadar. É unha mágoa que por non poder baixar teña que perder semellante tesouro. Eu daria boa parte d’el a quén baixara a buscalo.

O crédulo agroeiro non dubidou. Razoando na recompensa que recebería, sacouse o tabardo e descendeu o goio.

En van procurou o tesouro perdido, e , cando resolveu sair de alí, veu con asomo que o tullido se desvanecera, e con él o tabardo tamén.

E o probe agroeiro tornou a casa moi apesarado, e laiando a súa concesiva credulidade, e a demasía maldade dos homes.

Notas sobre China e Siberia

As vías principáis de comunicación en ” China ” son as fluviáis : a banda náutica dos ríos acádase moi terra adentro, contan con numereiras canles, sendo o maior de todos o chamado ” Gran Canal “, que ten unha lonxitude de 2,700 kilómetros e pon en comunicación ” Pekín ” e ” Cantón “

A ocupación principal dos chineses é o agro: os seus parados de labranza semellan xadines, e como a cachaza do chinés é fastuosa. Labran ata os lugares máis pequenos ou inantinxíbels. As colleitas de maior importancia d’iste país son as dos cereáis, as arroceiras, o té, o cotón, a serda, o opio da papoula e o índigo. En riqueza mineráis é incalculábel a fonte de recursos con que conta ” China “, carbón, maioritariamente. Mais todas istas riqueza atópanse case sen explotar.

Por mor a súa gran poboación, xa a súa presente penuria, ” China ” é un país de moita migración.

En ” Asia ” e na ribeira americana do ” Pacífico ” atópanse chineses por tódalas bandas: ista fartura de fillos do ” Celeste Imperio ” obrigou algúns estados, ” Norte América ” facendo incapé, a tomar en conta moi radicáis para previr a chegada de máis poboación chinesa. A orixe d’istas medidas tense que supor xerada pola loita que o chinés presenta a o home branco en tódolos traballos. A maior rendemento, porque non esgota endexamáis; é máis apracíbel, cobra menores xornales, e semella afábel como pouco. Ben que istas derradeira cualidade se cadra é só una traza oca, porque o chinés, baixo una face apracible e xélida, agocha en moitas ocasións a treboada que ruxe na fonda do seu corazón.

É de saber a costume que prevaleceu en ” China “, por moitos séculos, o avialdo do idóneo na beleza feminina en ter moi mermados os pés. Para acadar ista suposta mellora nas súas fillas, os país as obrigaban, xa de moi cativas a levar os pés fortemente cunha vendaxe para sortear o seu normal desenrrolo. Pode supoñerse o padecementos os que estaban condeadas as pequenas e tamén as rapazas, pois istas derradeiras deberan levas uns zapatiños xuntísimos para que os pés non creceran de maís. Hoxe en día, ista costume vaise perdendo con prontitude.

A que se mantén ainda é a de deixarse medrar unha trinca nos homes. As novas correntes de civilización que, de algúns anos cara eiquí, advírtense tanto en ” China “, como, non puideron resolver a os chineses a que inmolen as súas trenzas.

” China ” ten cidades moi poboadas: ” Pekín “, ata fai uns 25 anos, foi a cidade de maior extensión do planeta. non é extrano, pois os fogares chineses son baixos; e se ” Madrid “, poñamos un exemplo, tivese os seus edificios todos de pranta baixa, a área que entón tomaría fora catro ou cinco veces a que ten agora. ” Pekín ” con a súa poboación de máis de un millón de poboadores, ten unha extensión inxente. Conta con unha rúa, que remata fronte o pazo imperial, a cal atravesa a ” Ciudad Tátara ” e deconta cruzando a cidade chinesa, n’unha lonxitude de moitos kilómetros.

” Nanking “, cuxo nome quere dicer a ” Corte del Sur “, é unha gran cidade éguida nas ribeiras do ” Yang-Tsé Kiang “. É a capital literaria, e n’ela pasan os exámens os que desexan levar cargos públicos. Teñen unha fastuoso roque de terracota. Hoxe desfeita por cachos.

” Hong-Kong ” é o gran peirao anglosaxón da ” China “; o conforman unha illa posta na embocadura do río ” Si-Kiang “, o río de poñente.

” Cantón ” que en chinés ten o significado de ” Ciudad Ideál “, ten a chamativa vista de numereiras casas sobor de chalanas vellas. O problema da morada fíxose complexa para aquelas xentes pobres e apearon os seus fráxiles fogares sobor dos capacetes húmidos dos xuncos inservíbels.

” Hang-Chen ” é tamén cidade, con un millón de poboadores, atopada no moi lonxe de ” Shang-Hai “.

Nas ribeiras chinesas os europeos posuían varios dominios: amáis de ” Hong-Kong “, que comentei, pertence a os anglosaxóns, atópase a cidade de ” Macao “, que pertencen a ” Portugal “. N’ista cidade o afamado poeta potuxés ” Luís de Camoes ” compuxo o seu gran poema ” Los Lusíadas “. ” Francia ” posúe na ribeira, o territorio de ” Kuang-Chen “, que ten un millón de kilómetros cadrados, con unha poboación de preto de 200,000 poboadores.

Máis o norte que ” China ” atópase ” Siberia “, o país silencioso e apesarado que sofre as severidades de invernos inacabábels, desfrutando de curtos veráns. Namentres os primeiros, unha mesta cobertura de xelo e sóe manterse n’un silenzo de morte, as inxentes chairas siberianas. Con a chegada da primaveira, comezan derreter as neves e entón as augas enchen as terras en colosáis extensións, porque os ríos non poiden levar tantos caudáis o mar e teamén porque as súas embocaduras, atópadas máis o norte, fican xeadas.

No verán, curto e seco, o sol quenta a terra, e os cereáis xeminan, medran e madurecen axiña, como se permitiran que logo de agosto ven outra vez sobor do país un fuxidío outono para afundirse a naturaza novamente no coxilar xeado d’un inverno longísimo de sete u oito meses.

Os chineses sinalan con intensidade no corazón dos nenos o amor filial. Para tomar un exemplo d’elo, meu avoiño contoume dous pequenos contos.

Os pais de " Wu-Mang " - díxome - que é fermoso neno de nove anos, obrigado a ir sempre sen calzas por que sonche tan pobres seus pais que non poden mercarlle zapas, teñen que traballar moito para poder xantar.
Isto o sabe o pequeno, e cada día, cando seus pais durmen xa, " Wu-Mang " escorrégase en silencio do seu leito e vai o habitáculo do seus pais. Unha vez alí, ponse xunto a cama dos mesmos, con a finalizade de que os  cínifes lle tanxen a él e deixen de tanxer os seu pais. D'iste xeito, sacrificase él, e acouga, os seu pais das tanxeduras dos cínifes e de non poder durmir.
" Yen ", cando foi pequeno, foi o gozo dos seus pais, e lles aledaba sempre con os seus xogos e das viveza do neno, porque íste foi un xoven. Mais " Yen ", que o entendía, decontaba os seus xogos e risadas. 
Pasaron máis anos. " Yen " volveuse un home chegado e seus pais uns velliños apesarados: máis a ístes non lles faltaba ainda o coidado do fillo, nin os seus xogos, nin as súas risadas.
" Yen " é vello xa, e seus pais atópanse tan esgotados que non poden valer, nin camiñar. Mais  " Yen ", para facer máis levadeira e menos apesarada a lonxeba vellez dos mesmos, deconta xogando como un neno pequeno, e lles da ledicia con as súas risadas, súas grazas, e súas ocorrencias.

O desenrrolo histórico do Brasil

Denantes que os europeos descubriran o ” Brasil ” , poboaban nas ribeiras d’este país, dende o ” Amazonas ” ata o ” Plata “, unha casta salvaxe e antropófaga, a dos ” Tapujas “, que foron logo botados cara o interior polas tribus axeitada dos ” Tupís ” (os ” Tupinambas ” os ” Tupiniquinos ” e outras ): pode dicirse  que istes pobos constituiron o pobo do ” Brasil “, ate que ” D. Pedro Alvares Cabral ” desembarcou en ” Porto Seguro “, o 24 de abril de 1500 e tomou a ben do país no nome do rey de ” Portugal “. Mais en honrra a verdade e en honrra a ” España ” so queda dicir que diante de ” Alvares Cabral chegaran a terras do ” Brasil ” os nautas españois ” Alonso de Hojeda ” e ” Juan de la Cosa ” con o nauta ” Florentino Américo Vespucio “.

Chamouse de primeiras a iste país ” Santa Cruz “: mais pola fartura que había n’el do ” Palo del Brasil ” , chamouselle ” Brasil ” quizabes o chamar a aquela madeira ” Palo del Brasil “, é porque, pola súa cor semella unha áscua.

Ó comezo, ” Portugal ” non se ocupou da súa colonia brasileira; ata que os corsarios franceses, o establecerse n’ela, obrigar o rey portugués a que mandara gobernantes para que fixeran fixa a soberanía do monarca.

O descobremento de ouro no ” Brasil “, provocou no século XVIII, unha migración semllante a manifestada cara as minas de ” California ” , ” Australia ” e o ” Transvaal”. Unha enchenta corrente de aventureiros de todolos paises, fixeronse valer ledos o ” Brasil “, ceendo facerse lixeiramente ricos.

En 1807, a familia real portuxesa goreceuse en ” Brasil “, fuxindo da invasión napoleónica que tomaba ” Portugal ” : estableceuse en ” Río de Janeiro ” e retornaron a ” Europa ” en 1820, deixando no ” Brasil ” como rexente, ó fillo de ” Juan VI de Portugal “, ” D. Pedro de Alcántara “.

En 1822, unha migración monárquica dirixida por iste príncipe rexente, preogou a soberanía do país. Cando máis tarde, debía xuntar ” D. Pedro ” as dúas coroas o mesmo tempo, de ” Portugal ” e ” Brasil ” pola morte do seu pai, abdicou dos seus dereitos a coroa de ” Portugal ” en favor da súa irmá. Mais de pouco serviulle quedarse con o trono de ” Brasil “, porque pouco tempo despóis estalou unha nova revolta e ” D. Pedro ” tivo que abdicar a coroa en favor do seu fillo, neno de curta idade, retornando a ” Europa ” o rey descoroado.

A minoría do novo rey foi como de longas loitas políticas, ate que o final implantouse a república. O ” Brasil ” sostivo dúas loitas con outro estado: unha en 1850 contra a ” Arxentina “, e outra en 1865 contra ” Paraguay “, n’esta derradeira acadou  un concluínte triunfo mais por mor de moito tempo e inmolacións.

O ser instituído en 1889 o goberno republicano, foi nomeado presidente da república o mariscal ” Fonseca “.

Os españois e italianos cooperaron, n’este derradeiros anos a medrar a poboación do país, cun gran número de suxeitos que de istes migrarón alí.

As cidades máis importantes, logo da capital, son: ” San Pablo “,  ” Bahía “,  ” Pernambuco “, ” Belem “, ” Puerto Alegre ” e ” Santos “.

Os productos que alí se obteñen son: o tabaco, cacao, algodón, herba mate, quebracho, e madeiras preciosas.

Blues & Bossa Nova · Samba de verao