O Pacífico

¡ Atopámonos outra vez en mar aberto ! Fai seis días saimos de ” San Francisco ” e achámonos navegando por iste mar, o maior dos océanos da ” Tierra “, e que, coma se coñece, ocupa o gran espazo que media entre ” Asia ” e ” América “. Ten as maiores fondas mariñas coñecidas; con a peculiaridade, cousa que pasa tamén n’outros mares, que as foxas máis fondas non enraizan na banda central, xustamente, senon que atópanse nas próximidades das ribeiras. Así, n’iste mar ” Pacífico “, as maiores fonduras sondadas o foron nas proximidades do ” Japón “, das ” Marianas ” e das ” Filipinas “.

” Colón “, na súa cuarta viaxe a ” América ” e polas alusións que lle deron os indíxenas, tivo indubidabelmente novas da existencia d’outro mar na ribeira oposta a que se descubriu. Mais non tentou chegar ata él, e o seu descobremento o fixo ” Vasco Núñez de Balboa “, o cruzar con as súas tropas o territorio de ” Panamá “, achándose alí por casualidade diante da fastosidade d’iste mar, que chamou ” Do sur ” porque o veu o sur. Isto aconteceu o 26 de setembro de 1513.

” Magallanes “, en 1520, xa logo que dobrara o sur de ” América “, atopouse tamén n’iste gran mar, descoberto con anterioridade por ” Balboa “: e como acadara cruzalo con moi bó tempo, o cahmou ” Océano Pacífico “, nome con o cal se coñece na actualidade, o tamén polo de ” Grande Océano “, no atento o ser a masa de augas de maior superficialidade do globo; ten 180 millóns de metros cadrados o ser o dobre que o ” Atlántico “.

O ” Pacífico ” comunica na súa banda norte con o ” Océano Glacial Ártico ” polo estreito de ” Bering “, o cal afasta a estremidade oriental de ” Asia ” de os territorios de ” Alaska “, en ” América “; e polo sur, chega ata as rexións polares antárticas; o polo austral da terra, de acrodo con as máis recentes exploracións, forma parte dun gran continente, o cal chaman ” Antártida “. Suponse, pois, que no polo norte todo é auga, e no polo sur, terra firme, máis ambolos dous atópanse o auga e a terra cobertas sempre por neve e xelos.

No ” Pacífico ” atópanse unha infinidade de illas: moitas d’elas son volcáns que surxiron do fondo do mar, e outras foron poboadas pola actividade dos ” Corales “. Tamén áchanse algunhas grandes illas, como ” Austalia “, ” Filipinas “, ” Borneo ” e outras, que emerxeron con variedade de terreos e de rochas.

Navegamos agora polo interior d’ista inmensa zona, cercada d’un gran número de volcáns que lle chamán ” Cinturón de Fuego del Pacífico “, que o forman os dos ” Andes “, en ” América “, as ribeiras de ” Asia ” e os da ” Nueva Guinea “, de ” Nueva Zelanda “, e de outras illas que pechan iste circo polo sur.

A ” Oceanía ” atópase, en xeral, pouco poboada: nas illas pretas o ” Asia ” viven os ” Malayos “, que se asemellan a os chineses; a ” Melanesia ” a constitúen as illas situadas o norte de ” Australia “, e atópase poboada por varias castas moreas moi atrasadas; e a ” Polinesia “, entende as illas do ” Pacífico ” achadas entre ” Melanesia ” e ” Australia ” pola banda este, e as ribeiras occidentais de ” América”. Atópase poboada polos ” Polinesios ” as cales deixaronse influenzar polos europeos, adoitando moitas dos nosas costumes.

Istos datos doumos moi afabelmente un relixioso, que fai a viaxe con nós, e que coñece moi ben istas illas, por visitar algunha d’elas facendo de misioneiro da ” Fé Cristiana “. Prometeu darme novas e datos sobor de ” Australia “, o ” Japón ” e a ” China “; eu agradezolle moito o seu interese, pois con axuda de uns e outros vou compretando istes apuntamentos meus, que de outro xeito foran atrapallados e faltos de datos.

O auga do ” Pacífico ” ten unha cor gris azuleada e metálico: namentres istes tres días de viaxe, só cruzouse con nós un buque, e a unha gran distanza; por certo que iste veleiro irisorrio tivo a bordo xeitos dun gran acontecemento; tanto é o que pesa a soidade  e o sintirse medio perdido entre tanta inmensidade de auga. A oleaxe é regular, polo cal non entendo como o chaman ” Pacífico ” a iste már, sen nengun lítote.

Dime pai  que en uns tres días chegaremos as illas ” Hawaii ” ou ” Sandwich “, que constitúen hoxe unha colonia ” Norteamericana “. Teñ verdadeiramente gañas de chegar a elas, e moito máis o ” Japón “; pois ista inmensidade de auga, o saberme tan pequeno en comparanza a iste ” Océano ” inxente e arcano, dame certa sensa de inquietude. N’istes intres de soedade e de tensión, rezo máis fervorosamene a Deus que nos protexa de todo mal.

 

Herencia de Timbiqui · Pacífico

Voámos a San Francisco

” Mister Harper ” levaba súas atencións e bondades para con nos a querer, nembargantes, que fixéramos a viaxe de ” Nueva York ” a ” San Francisco ” en aeroplano. Dicíanos que a viaxe en tren, para distanzas tan longas, andaba a ser moi aborrecible. Pai, para afastar tanto tino, rebateulle a cuestión do esaxerado precio da pasaxe; mais ” Mister Harper ” o venceu todo, e acadounos unha rebaixa moi considerábel, dado o seu posto de directivo d’unha liña airiña. D’aquela, mais fixemos en dúas xornadas  a viaxe ata ” San Francisco “, voando sobor de ” Cleveland “, ” Chicago ” e ” Salt Lake City “, acougamos en ” Omaha “, cidade achada na gran chaira central, estado rico polas súas grandes explotacións de cereais.

Como as comarcas centrais son pouco poboadas, os homes do agro valen o uso de potentes trebellos para facer as labouras. D’aquela, un só home con os seus trebellos e seus cabalos da un rendemento superior o de 25 o 30 hectareas: o froito d’este sistema é que se obteñen as producións do agro a precio máis axeitado que n’outros países na que a pouca trebellada o seu emprego fai xusto o concurro de moitos braceiros nas labouras do agro.

Ista viaxe en aeroplano houberase asemellado certamente tedioso: mais por fortuna o colega de pai tiña a xentileza de agallar como lembranza, un fastoso ábum das paisaxes de ” Nueva York ” e unha luxosa, concretada e interesante historia dos ” Estados Unidos “, que lía no aeroplano.

N’ela formei que os ” Estados de la Unión ” son 48, aos que deben amecer un distrito federal e dous territorios. Tamén vexo n’ela que os primeiros colonizadores do país foron ingleses, franceses e tamén alguns españois. Os ingleses estableceron na ribeira da ” Unión ” 19 colonos e istás, por mor de varios impostos prohibitivos que lles quixo impor ” Inglaterra “, subleváronse contra a metrópoli, dando elo orixe a guerra dos oito anos ( 1775 – 1783 ). O día 4  de Xullo de 1776 pregouse a independencia dos 13 dominios, que se xuntaron baixo o nome de ” Estados Unidos de América ” e baixo o mando de ” Washington ” quén, axudado polos franceses gañou, o fin das forzas inglesas, enviadas para sufocar o levantamento.

Iste país foi avanzando ata que, en 1861, estando de presidente ” Abraham Lincoln “, tentaron afastarse os estados do sur, porque os do norte chamaban pola supresión da escravitude dos afro-americanos. Os do sur opoñianse, porque os afro-americanos servianlle para cultivar o agro. Estalou con ista orixe a chamada guerra de secesión, que durou cinco anos, saíndo vencedores os estados do norte e ficando, polo tanto, abolida a escravitude dos afro-americanos.

A pesares d’elo, non son sempre eiquí moi afábels as relacións entre blancos e afro-americanos, coma tampouco o son as que sosteñen o pobo americano con os chineses, xente que en gran numerosidade migrarón aa iste país, ata que as leis puxeron fin a inmigración dos chinese.

Os ” Estados Unidos ” sostiveron guerra con ” España ” en 1898 pola cuestión de ” Cuba “, sendo entón presidente d’aquela república ” William McKinley “. E recentemente en 1917, tomaron parte na guerra europea no bando dos aliados, botandolles unha mán de xeito efitivo a conseguir a vitoria.

Hoxe domea financieiramente o mundo, mais é o país máis rico da terra. Consta o mesmo tempo como o primeiro alboio do mundo, como un dos paises máis ricos en hulla, ferro, cotón, e petróleo e posúe as máis vizosas industrias. Non é extrano que, posuindo semellante poder, os ” Estados Unidos ” deixaran a súa politica de aillamento e convertiranse n’unha potencia de primeiro orde.


En ” San Francisco ” tivemos a ledicia de acoller cartas de nai e da miña irmá. Como era de ver xa, o sair de ” España “, en que hotel íamos aloxarnos, a iste hotel nos dirixiron o correo. O mesmovfixo un bó amigo  ” Joaquín ” un compañeiro de viaxe ata ” La Habana “, de quén recibin dúas agarimosas e interesantes cartas, que engado, se é o caso a iste caderno, porque achábame n’elas dos grandes americanos do ” Pacífico “. D’este xeito as notas sobor de ” América ” ficarán máis compretas, ainda tendo en conta o inconexos que teñen que ser os meus apuntamentos.

Pai estivo tamén ledísimo de acorller novas: en ” Madrid ” atópanse ben, e a derradeira carta chegada colleu un vapor que saiu 12 días logo que o noso. Nai e ” Isabelita ” recibirán se cadra xa, algunhas das numereiras postais con vistas de ” La Habana ” e ” México ” que lles mandamos.


” San Francisco ” é a gran capital americana do ” Pacífico “: cidade moi poboada é tamén ” Los Ángeles “, a chamada cidade que se fixo afamda polos seus grandes estudios de cinema que se encontran en ” Hollywood ” e por ser a residencia corrente de moitos millonarios norte-americanos. Os seu arredores son deliciosos e cheos de laranxos . Ten grandes e luxosos hoteis e algunhas das súas rúas alonganse en tuneis abertos nas cimas e revestidas de bilantes losetas, de losas de porcela a semellanza das estacións do metro.

” San Franciso ” ten xeito de maior axitación semella un ” Nueva York ” máis en pequeno, e abondan eiquí tamén os rañaceos.

A súa enseada, que é moi espallada, foi descoberta por un coronel español, ” D. Garpar de Portolá ” e o seu peirao é moi activo. Belas corredoiras percorren a ribeira, e forman apetitosas avenidas xunta o mar. Un parque metese cara o mar en xeito de unlla e no centro d’iste parque érguese a estatua do relixioso maiorquín ” Junípero Serra “, quén colonizou e deu nome a  ” San Francisco “. É moi agradábel tamén ver alí un monumento erixido a ” Cervantes ” representándolle en busto e ante él aseonlladas os seus dous xeniales persoaxes ” Don Quijote ” e ” Sancho Panza “

Ista cidade sufreu en 1906 un tremendo tremor que botou por baixo gran parte das súas edificacións e produxo millares de vítimas.

O vapor ” Colombia ” no que nos atoparemos ista tarde. Deus mediante par ” Yorkdrama “, está xunto a un peirao facendo as súas preparacións para partir. Deus queira que poidamos chegar ledos o ” Japón ” ónde poderemos ter a gran ledicia de apertar os avós .

The Mowgli’s · San Francisco

O mecenazgo dos millonarios. ( As grandes cidades )

Fai catro días que nos atopamos en ” Nueva York ” e cada vez atopo novos pormenores que me comproban que as cousas, eiquí, obteñen dimensións e proporcións insospeitadas.

Hoxe visitábamos o ” Museo ” e o local da ” Hispanic Society “. Convencinme de que cada día adquire máis importancia n’este país o dilema español e as cousas de ” España “: hai xa librarías adicadas  especialmente as producións españolas, e segundo me din, son moitos norteamericanos que falan español, especialmente nas rexións de ” California “, ” Florida “, ” Colorado “, ” Sierra Nevada ” e ” Los Ángeles ” bisbarras que, como denotan os nomes, tiveron orixe hispáno.

Coñecemos especialmente os ” Estados Unidos ” polas súas empresas industriáis e polas súas exportacións comerciáis: mais non os coñecemos tanto polo feito de que  súas castas pudentes impoñen o deber de ayudar e financiar todas as manifestacións da cultura. Se cadra nengún outro pobo do mundo axuda tanto o altruismo como iste, e poucos sinten con tanto ardor a devoción polas cousas do espírito.

Como que eiquí cada estado ten a súa capital, estabelecen grandes vencellos entre eles para contar con os mellores establecementos de cultura: ” Nueva York “,  ” San Francisco “, ” Boston “, ” Chicago “, ”  Filadelfia “, competen o ter as mellores ” Univesidades “, os máis pretixiosos ” Centros Culturales ” e ” Artísticos “.

Os ” Museos “, eiquí , non encarnan, coma en ” Europa “, os aquivos da historia o da tradizón de cada un dos países: norteamérica é un país xove e na súa historia non se retrotrae moito máis aló dun século. Por iste xuizo, istes museos teñen  que mercar en ” Europa ” súas xoias de máis valoura, e como iste só se pode  acadar con cartos, os estados os dotan especialmente e os particulais lles axudan con as súas doazóns, para que merquen rapidamente valoura e notoriedade.

As veces, é o esforzo d’un só home e da seu cadal  o que acada semellante froito: Tal é o que fixo o gran hipanista ” Harry F. Huntington “, o amorearun gran número de obxetos e xoias artísticas como se pode hoxe abraiar  no museo de ” Pasadena “, en ” California “. Outra mostra d’iste mecenazgo é a “Hispanic Society of America “, de ” Nueva York “, a cal conta con un museo moi notábel de obras españolas e con unha numereira bibloteca. Os multimillonarios ” Andrew Carnegie “, ” Cornelius Vanderbilt “, ” John D. Rockefeller “, ” J.P. Morgan “, ” Henrry Ford ” e moitos outros, sosteñen no país numereiras fundacións culturais e de caridade, todas elas fastosamente cubertas e oportunamente dotadas e ciodadas.


Amáis do infindo ” Nueva York “, cuia poboación salva os 10 millóns de poboadores, atópase no país outras cidades moi populosas. ” Chigago “, colocada na ribeira sureste da lagóa ” Michigan “, é o centro das industras das carnes; conta con máis de un millón de poboadores e é un gran centro de comunicacións territoriais.

” Filadelfia ” e ” Boston ” son dúas grandes cidades, notábels o mesmo tempo por ser importantes centros culturais, especialmente en biblotecas, que é chamado ” Ateneo Americano “: as súas respeitadas universidades e museos son afamados en toda a ” Unión ” e a de ” Harvard ” (Boston) emana en renome a todo o mundo.

” Washington ” é a capital federal: cidade de poboación menor que as precedentes, ocupa unha fastosa extensión, debido a que súas rúas son moi anchas, prantadas todas de acorporadas árbores, e contando con grandes parques no mesmo casco da cidade, o cal esaxera considerábelmente o seu contorno.

” Los Ángeles ” é a meca do cinema e, o mesmo tempo un bo porto no ” Pacífico “, como o é tamén ” San Francisco “, ” Detroit “, ” Cleveland ” e  ” Toledo ” son cidades onde arraiga, boa parte, a industria dos autocarros, que tal importancia acadaba n’iste país.


Remato xa de escrebir sobor das cousa vistas e lías  para adicar un anaco de tempo a anosar  impresións máis persoais. E ” Nueva York ” puidemos falar con nai e Xoselita por teléfono. A Comunicación estableceuse por radio entre  ” Nueva York ” e  ” Londres ” e por liña  entre ” Londres ” e ” Madrid “. É Verdeiramente abraiante, e é en casos  como o noso cando máis se valoura todo o seu rendemento.

Ista comunicación con nai e Xoselita espertaba en mín a morriña.  Lois dubida xa tornar a decontar dando unha  gran volta que nos agarde: mais vexo que isto no é posíbel. Saimos para ver os avós e non é cousa de tornar a metade do camiño, pai o sentirá moito, pois atópase moi ledo para poderlles dar unha aperta e eu non debo amargarlle ista viaxe… . Agocharei ista cuartilla para que él non poida leela agora. Decididamente teño que actuar coma un home ista vez. ¡ Alento, e adiante !.

acaravanadodelirio · A Caravana do Delírio – Esperando a Volta do Mecenas