Neva York

Dende que ontes pola tarde chegamos a ista enorme cidade, ate agora en que, xa de noite, estou repousando e escribindo na bibloteca do hotel as máis complexas impresións e lembranzas non nos detivemos un intre, pois non é posíbel deterse no medio da axitación fastuosa d’esta cidade mesma con o mundo baixo ista traza.

Vou ver, pois se refago as miñas impresións, para fixalas sobor das páxinas que agardan fronte a mín.

 


 

Na brétema lonxana do horizonte, vemos coma un embastecemento de ista mesma brétema: un oficial do veleiro que me amosa aquela traxectoria e me dí – ¡ Nova York !. Eu non acerto a ver detalle algún da cidade, e, polo retrinco, sintome un anaco desilusionado.

Máis tarde, atravesanse con nosco varios vapores de gran tamaño: na lexanía, outros vapores seguen a mesma derrota que o noso veleiro, converxendo todos cara o aceso da gran abra  de ” Nueva York “.

Decontamos adiantando, e de momento, non poido conter unha admiración de pracer. Sobor das augas, erriba da súa peaña, vexo a ” Estatua de la Libertad “. Eu a supoñía moito maior, sobor de todo moito máis alta. Con ser tan maxestuosa como é, queda empequenecida no medio da gran enseada.

Pasabamos, de ahí a un pouco, perto de abondo d’ela, e entón dinme conta de que, efectivamente, é un monumento de proporcións colosais.

A Animación o noso arredor foi crecendo: vapores, veleiros, longas reas de chalanas soleadas por pequenos e potentes vaporetos, que fan soar a sirena, a pesar do seu diminuto tamaño. Grandes barcazas que pilotan sobor da súas cobertas convois de carga cheos.

Noso veleiro detense: suben a él os empregados da sanidade e os alfandegueiros: toda a pasaxe fica formada baixo a coberta e vanse dando cumprimento as varias condicións que exixen a administración norteamericana, moi longa e puntillosa n’esta traza. Coma froito de todo isto, vexo que fan desembarcar algúns pasaxeiros, os cales son acollidos por un remolcador e levados a unha illa próxima  na cal érguense edificios semellantes a cuartéis. Dise que istos pasaxeiros serán embarcados outra vez  e devoltos os seus paises. Non sei a causas que motivan ista medida, mais sinto mágoa por aquelas persoas, que talvez sentían, coma min, os afáns de ver perto ista cousa incomparábel no mundo que é o espectáculo de ” Nueva York “.

Noso veleiro deconta a marcha e nos atravesamos con garbosas embarcaións, coradas por completo de branco, limpas e garbosas: son os ” Ferry-Boats “, que prestan servizo no ” Hudson “, portando pasaxeiros d’unha a outra ribeira do gran río.

Vexo agora, a pesar da lixeira brétema, os contornos propios d’esta banda de ” Nueva York “, erguida sobro da illa de ” Manhattan “; os seus altísimos edificios, ou rañaceos, sobre moitos dos cales ondula a bandeira norteamericana. Hai ciboiros dourados  que reflexan os raios do solpor.

Imos pasando peiraos e máis peiraos: centos de vapores fan n’eles as súas operacións de carga e descarga, ou agardan a hora sinalada para a partida. Os hai con bandeiras de todos os países, o fume de tantas caldeiras da a atmósfera unha tintura algo luxada, as augas vense perxudicadas tamén un pouco de ista axitación de tantas hélices e de tantos escorros, e non ten o azul limpo que tiña en mar aberto. A marcha do noso veleiro vai acougando… . Oese a apito do capitán e o veleiro detense, outra vez o apito, e o veleiro xira lixeiro  con a popa en direción a terra; con a axuda dun remolcador atraca lixeiramente nunha especie de dique, e fica amarrado  xunta o peirao por unha banda, e xunta outros veleiros da mesma compañia .

Toda a pasaxe encontrase sobor da coberta. Pola escada do buque embarca un inxente cantidade de rapaces e empregados de hoteis: nos apañamos as nosas maletas y atendemos a baixar a escada. Traballo custounos polo amoreamento que alí acontecía. O fin, atopámonos en terra norteamericana.

Saímos do enguedello da compañia navieira e nos metemos no hotel máis perto. Ó pouco , un anaco de tempo, tornamos a sair e logo de percorrer un pouco, para encarreirarnos no plano, atopámonos fronte o parque da ” Batería “. Non poido imaxinar, ante o que agora vexo, tan inxente, que tan só 300 anos atrás, iste lugar fora unha pequena factoría holandesa. Aquelas rústicas cores, para ter a sensación de que decontaban vivindo no seu páis. Ergueron os seus fogares con tixolos vermellos, dispuxeron algunhas baiucas no seu xeito propio, e construiron un gran muiño de vento xunto a unha rústica fortaleza, armada cunha ventena de vellos canóns de bronze; aquel conxunto sinxelo e cheo de sentimento o chamaron ” Nueva Amsterdan “.

A pequena aldea fixose a maior cidade do mundo. Aquela nimia batería é agora o maxestuoso parque no que nos atopamos, situado no remate d’ista lingua de terra que é a illa de ” Manhattan “. Tomamos alí un autocarro e fumos parar a afamada rúa ” Broadway “. A  rúa atópase materialmene chea de autocarros; polas beirarúas erra unha inxene cantidade de persoas febrís. Todolas sons de unha gran cidade chegan eiquí a un extremo verdadeiramente fastoso, as mil azueiras atordóan e a axitación pon nos ollos e no cerebro unha sensacón de tontura.

Ista rúa inmensa e azueirosa chea de unha converxencia cosmopolita, ten, nenbargantes, un oasis apracíbel diante da igrexa da ” Trinidad “.

” Wall Street ” é outra rúa chea de movemento e de vida: n’ela atopamos a ” Bolsa “, aloxada nun edificio de arquitetura clasica, con macizos piares. O seu arredor comeza a animación, e no seu adral oese unha formidábel algarada. Se un non soubera que alí os homes saldan cuestións de cartos, e se cadra fastosos cadales, podería coidarse  que era aquelo unha casa de tolos, tal é o que se xesticula, berra e activa  n’aqueles curros, que se obteñen por compreto a todo o que seña alleo o seu proveito.

A dereita e esquerda d’istas rúas erguen as súas altísimas valos de 20, de 30, de 40 e máis pisos. Inxentes portais dan entrada e saída a ondadas de humans, que se distribuen polos pisos d’istes inxentes inmobles, e que, rematados o seus traballos saen a rúa a axitarse novamente no redemoño inmenso da gran cidade.

A igrexa de ” San Pablo “, na ” Broadway “, que, cando se construiu, semellaba un coloso nas súas proporcións, fica hoxe empequenecida e como afogada, a beira da magnitude e altura exaxerada das construcións veciñas.

A plaza de ” Washington ” e o parque de ” Gramercy ” fornece un anaco de sedativo acougo n’iste cansazo non conturbado.

Pasábamos pola ” Quinta Avenida “, a máis popular e interesante das rúas de ” Nueva York “. Unha trama d’ela é o corazón do gran comerzo da cidade: inxentes e grandes mostruários danlle o paseante os xéneros máis variados, luxosas tendas mostran os fulgores da derradeira moda, e as belezas de todalas clases. É a rúa dos millonarios e n’ela vense fermosos pazos. Alí visitabamos a impoñente catedral de ” San Patricio “, que érguese entre grandes e confortábels hoteis e non moi lonxe da ” Biblioteca Pública ” da cidade.

A ” Quinta Avenida ” fica rematada por unha gran palza, na cal érguese a altiveza estatua de ” Sherman “; mais torna decontar a rúa, pasada ista praza, e entón bordea unha das súas bandas a verxa do ” Parque Central “, o gran parque de  ” Nueva York “. Algo máis alonxado do centro azueiro de  ” Nueva York ” abraianos o pazo do ” Museo Metropolitano del Arte “.

N’ista outra rúa, xunta os peiraos, vimos, o pasar, o gran monumento ónde se atopa a tumba do xeneral ” Grant “, o caudillo gañador do sur na guerra de secesión, e a da súa cónxuxe. vimos tamén a fastosa ” Universidad de Columbia “, a ” Escuela Normal de Maestros ” e as obras da que será a maxestuosa catedral de ” San Juan “.

O espectáculo de ” Broadway ” e da ” Quinta Avenida “, a noite é verdadeiramente fastosa: miles de anuncios brilantes espolan o seu exceso de candelas de cor en todalas altitudes, farois  enormes proxectan a súa claridade sobor do pulido piche das rúas; as fiestras dos rañaceos semellan nenormes piares iluministas. A visión noctuna d’ista cidade é algo que, cando tivose o fado de ver, unha vez sequera, xa non se pode esquecer xamáis.

Sintome canso: son moitas emocións para pouco máis d’un día. Pai dime que mañan acougaremos, pois recea que tanta axitación podería perxudicar a miña saúde.

october jam · Englishman in New York(cover)

Brasil

O ” Brasil ” é un estado xigantesco pola súa área, ocupa con a metade da ” América del Sur ” e é maior que ” Australia “.

N’este país poden estudar dúas grandes rexións, por completo diversas entre sí polo seu relevo, polas súas produccións e polo seu clima: arexión do ” Amazonas ” e a ” Meseta Barsileira “.

Na rexión do ” Amazonas ” que é vastísima, pois simboliza unha superficie  coma os cuádruplo de ” Europa “, hai unha franxa de terra a cada beira do gran río, que sofre de todalas inundacións de aquél, botando baixo as augas moitas veces o ano. N’estas dúas franxas paralelas, que teñen unha achura de 40 a 50 kilómetros, as árbores son baixas e a madeira non é recia, mais no resto da chaira, desenrolase con todo a seu formidábel frescura a xungla virxe, con as súas árbores xigantes, súas trepadeiras que se rizanpolos toros e as polas, a súas malezas asilvestradas altísimas que se entretecen embarullando o poder adiantar polos carreiros. O polaxedas árbores agocha o ceo e o camiñante que se aventura pola xungla ten que percorrer durante días e días longas extensións sen poder desfacerse do enrevesado labirinto de vexetación que a constitúe.

Son tamén maiores chairas as rexións do ” Gran Chaco ” e a caldeira do ” Paraná “, atopadas respectivamente o sur-oeste e sur do país.

A meseta érguese amodiño  dende o interior ate as ribeiras, e alí rematan por crebados cantís. N’ela érguense algúns plegos paralelos que danm xeito aoutrass serras. Na ” Sierra del Espinazo ” atópase o bico máis alto do ” Brasil “, que é o monte ” Matiqueira “. Ista meseta é a banda  máis rica porque n’ela cultivanse a cana de azucre e o cotón, no norte; o café, na banda central e hai abundante gando na banda sur. O caucho producese en gran fartura na xungla do ” Amazonas “, de seguro é ista zona, hoxe en día, a que produce maior cantidade de caucho.

 Máis o interior do país atopase unha zona de fola, con chuvias moi parcas e temperatura moi estrema: é a rexión chamada ” Matto Grasso “.

O ” Brasil ” foi colonizado polos lusitanos no século XVI, e por isto é o portugués o idioma que se fala alí. A poboación é dabondo mesta na ribeira, mais exigua no intrior e case nula na chaira do  ” Amazonas “.

Iste río é o de maior fluxo do mundo. Cando socava no territorio do ” Brasil ” leva percorridos xa 2400 kilómetros baixo outros nomes, sobranceiramente con o nome de ” Marañón “. Afluintes seus son os grandes ríos ” Yuruá “, ” Madeira “, ” Zapajoz ” e ” Negro “. É tal a súa magnitude, que a correntedo río faise sensible a 400 kilómetros mar adentro da súa abocadura.

É o nome de ” Amazonas ” venlle por unha abarloada na que estivo o tenente ” Pizarro ” nas súas ribeiras contra un continxente de indios, a os cales, pola fartura dos adovíos de plumaxes tomou por mulleres. Os brasileiros, fachendosos de posuir o río con maior corrente do mundo, o cal ten na súa abocadura perto de 50 kilómetros de amplo, chamanlle o ” Mediterráneo Americano “.

Nas xunglas brasileiras viven moitos animais particulares d’estes paraxes: os monos ouveadores, distinguidos por arrebolar grandes berros aterradores. O xaguar, que é unha epecie de tigre mais con máculas a semellanza do leopardo. O puma, o león americano. Grandes caimáns e tartarugas, e unha tal fartura de paxáros e hexápodos, coma non ven n’outro emplazamento. As coloración d’algunhas aves son formidábels. Os miúdos paxáros mosca, os belísimos colibrís, os faladores loros e cotorras, o caralludo ara-ara, especimen de loro de plumaxe fastuoso.


A capital de ” Brasil “, ” Río Janeiro ” está emplazada nunha belísima enseada, se acaso a máis resgardada do mundo, pechada por xigantescos riscos graníticos, entre elas unha moi particular, por a súa forma chamanlle ” El Pan de Azúcar “. É un porto de comercio moi altivo e a metade ten rúas formidabels e uns fraguosos e bolos xardíns xunto o mar. A súa poboación e xa de 6,320,446 de habitantes. Os outros portos de importancia do país son ” Pernanbuco ” e ” Bahía “, emplazado màis o norte de ” Rio de Janeiro ” e ” San Pablo “, con o seus portos  ” Santos ” e  ” Puerto Alegre “, máis o sur.

Clara Maltras · La Chica de Ipanema