Marco Garcia – ” Terra de acolá”

Infame por non ver, o será

por recordar os compañeiros,

xa no camiño atopamonos

a sombra de arbóres algo terá.

A que sempre está comigo

da man voando vemonos,

na procura dun xeito tenaz.

Os servos dos mellores amigos

nas cantigas botan os folgos,

dos pormenores das festas.

Terreos de cores con agarimo

anuncian o troco por algo novo,

e non se esquezen dos celtas.

Loitas de suor e luxado limo

os bechos se recollen de novo,

dirixidos pola lúa entre herbas.

Eduardo Modesto Blanco Amor ( En poemas galegos, 1980 ) “Veiramar”

Veira da mar, noite mesta.

No lombo do ceo, escamas

de bulideiras estrelas.

Lua poñente. Gadaña,

sanguiñosa boca abierta

agoreira, esfmeada.

Lóstregos na lonxanía.

Ollo chucscalleiro o faro,

voltando, mira que mira.

Un pico trece una coita.

Chirlatexa un mouricego.

A mar nos penedos rosma.

Falan os arbres ao vento.

Pola veiramar bogando

va as barcazas do medo.

As sombras dos malfalados,

os mortos polos feitizos

que non fotón soterrados.

Nas aguas luz de pezoña.

Polos caminos da lúa

miña nao esbara sola.

Arde o corazón, na arela

dunha arcana saudade…

Veira da mar, noite mesta.