O mar dos Sargazos – A velocidade dos Buques

Curioso é a traza do Atlántico n’algúnhas zonas a medio camiño entre as Illas Azores e as Antillas. Parece que n’elas o veleiro escorrega en col do céspede dunha verde pradeira. Abondosas pradeiras de oucas aboian sobre o mar e o cobren dunha covertura de viva coloracion verdosa.

Dime afablemente un oficial da galera, que se fixo moi amigo de Pai que cando descubriron estas ribeiras, os homes a o atoparse con estas pradeiras maniñas e  verse detidas n’elas, a pequenas chalupas, créron chegar o linde do Océano. Ista zona rexión do Atlántico e a que ven sendo en xeral “Mar dos Sargazos”.

Iste distinguido mariño  que tan afablemente contesta as miñas inquiras, faloume hoxe das grandes correntes mariñas que se orixinan no Atlántico, unha é a que leva o auga fria das rexións Árticas cara o Ecuador e a outra e a que leva o auga canela, da zona ecuatorial cara as ribeiras de Europa, ista segunda corrente que é a chamada do “Golfo”, orixínase no Golfo de México e chega ata o Océnano Glacial do norte pasando xunto das ribeiras europeas e temperando así o clima das mesmas. Por mor da calor ista corrente cede a atmósfera o clima de Iglaterrra é tolerábel, como tamén o de Escandinavia.

Se ista corrente non existira, probabelmente toda as parte das ribeiras  abranguidas entre o norte de Francia e o norte de Noruega, serían dun clima extremadamente xélido, no que non lle sería posible o home habitala.

Imonos achegando as Antillas: Din  que en cinco días e e medio ou se cadra seis, poderemos salvar a distancia que se atopa entre o porto D’Coruña ata La Habanna é unha velocidade moi considerábel se a contexamos con o tempo que prescisaban as primeiras Carabelas que facían o vento mareiro do Atlántico para ires dende Europa ate América; entón botaban uns tres meses,  e isto contando que os ventos nos lles foran desfavorabeis ou en exceso, por que se diran casos en que unha d’aquelas naves veleiras, o estar case para chegar as ribeiras de Portugal de volta de América era collida por unha treboada, e o vento empurrabaa de volta outra vez, con terríbel velocidade, ate as mesmas ribeiras de América; total que en dez ou doce días de soprar aquel vento desfavorábel a nave botaba a perder as millas gañadas en dous meses e atopábase case de novo no mesmo lugar de saída.

O aplicarselles o vapor os buques acurtanse abondo o tempo empregado no vento mareiro; no comezo do século XIX o buque “Savanah” fixo en vinteseis días a viaxe de Nuva York a Liverpool (Inglaterrra). O establecerse a grandes liñas de vapores a mediados do século XIX, empregabanse uns quince días para percorrer a distancia de Inglaterra a os Estados Unidos.

Este tempo parecinanos hoxe de máis, se temos en conta  que os grandes transatlánticos dos nosos días percorren iste traxecto nuns cinco días e ainda máis se consideramos que recentemente un dirixible salvou a distancia escasamente en tres días, apesares de que tivera que enfrontarse a unha forte treboada.

¿ Quen poderá pasar nunha mañá relativamente perto, se non sofren interrupción os constantes progresos da aviación e si adecota persistindo iste afán de incrementar cada día máis as velocidades ?

A Vida no Veleiro

Fai tres días e medio que navegamos ledos: Estou enfeitizado da orde, da limpeza e da comodidade da que gozamos n’este caralludo veleiro. Temos moita fame e os xantares non son moi abondosos e pingüe: mais pode dicirse que pasamonos medio día comendo; dame un chisco de vergoña ter que escribir iste dato, mais é certo. Non é extrano, agora que os médicos recomenden as viaxes polo mar para repoñerse logo de graves afeccións.

Hoxe Pai e máis eu tivemos un chisco de ledicia: un endiado do veleiro, entrou no noso camarote, cando nos ergíamos, ¡ Un radiograma de Nai !. N’el desexanos unha venturosa travesía.

Calcúlese a nosa ledicia fronte tan inesperebel nova: Chegamos a un acordo entre todos nós en rebater o radiograma achegado,outro no que  amosamos que estamos moi ben se saúde. E enfeitizados da viaxe.

É certamente emotivo, que poida aveciñar, en alta mar, comunicación con os meus seres amados mediante ista marabilla da telegrafía sen fíos, ¡ Que prodixo !

Cada canto pubrícase no Veleiro, por medio dunha folla impresa, con as novas máis recentes o redor do mundo; un verdadeiro xornal derradeiras novas. Y por se isto fora pouco, o longo do día imos recibindo novas dos casos que rechaman no mundo enteiro.

Unha cousa verdadeiramente feiticeira.

Pese a telegrafía non sempre comunicanse novas boas: As veves con  mesaxes de apesaradas novas; este mediodía ocurriu entre a pasaxe do veleiro a nova de que, a algunhas millas de nós, un buque demandaba S.O.S por radio. Tratabase d’un vapor cheo de petróleo que estaba a lumear. Me supoño o arrepiante que un incendio así ten que ser.

Xa pensaba eu que o noso veleiro fose a socorrelo, mais logo dixeronos que outros buques máis achegados a zona da desfeita, acudíran para salvar a tripulación, conseguindoo completamente, e que todo auxilio para o buque, fora baldío, pois as lapas de lume destruiuno compretamente, rematando o sinistro con o afundemento do vapor.

Agora que chega o solpor, imaxino o tráxico que ten que que resultar unha circunstancia semellante a do Vapor senestrado, e o apesarado estado no que se deben atopar a pasaxe. Poida que algúns perdereran todolos seu bens. Endexamáis se solventarán d’abondo os auxilios da caridade o fusco debidamente a istas probes xentes, e o gran servizo da radiotelegrafía o dar o sinal d’alerta, permitindo así, que poideran salvar os que n’outro caso, indubidablemente pereceran entre as lapas de lume, ou se cadra afogaran o tentar liscar das lapas, en fráxiles chalupas.

Istas emocións de hoxe apesarumbranme de tal xeito:  Estou desexando chegar canto antes a La Habana e de novo pisar terra fime; xa me decato que entra en parte da miña acolloamento ; mais e superior os meus boos desexos.

Paréceme qie Pai acollouse tamén, mais fai o posibel por finxir animado.

Anteontes, a media tarde a medio esfumar no horizonte, os picos dos montes das Illas Azores. A vista de terra, riqueza en tan pequena cantidade como confrontan aquelas Illas no seo do Atlántico, produciuse un gran clamor na pasaxe.Saúdamos con gran ledicia aquelas terras de Portugal, e da conversa que provocou, saquei a impresion que istas Illas d’este archipélago son d’abondo enxebres e vizosas, sendo as producións de maior importancia,  as laranxas, os limos, e os caldos; o clima é formidábel e a poboación repartida en varias Illas, é, en xunto de máis de 250,000 habitantes