O ” Río de la Plata ” é o centro da actividade e o eixo do desenrolo e do comercio de tres países americanos: da ” República Argentina ” especialmente, do ” Uruguay ” e do ” Paraguay “.
O terreo que da xeito a iste país amosa zonas moi propias, o noreste, na prolonga da meseta do ” Brasil “, a banda montuosa, a o oeste compoñen estribacións dos ” Andes “, e unha gran zona central, constitúe a chamada do ” Chaco ” o norte, e a da ” Pampa ” o sur; e logo extendéndose fartuosamente cara ista banda, atopase a meseta, medio machorra, da ” Patagonia “.
En canto o clima, ” Paraguay ” o ten tórrido moi humido e seus montes xélido. Os bicos dos ” Andes ” o teñen extremado moi quente no verán e moi xélido en inverno, e a ” Pampa “, ainda que cálida, atopase suxeita a ventos moi fortes ( especialmente o chamado frampeiro ). Cando asubía n’ela o vento sur, o frío é xélido; e cando o fai o norte, producense fortes treboadas.
Logo do ” Amazonas “, o río de ” La Plata ” é o de maior percorrido de ” América ” ( 3,100 kilómetros ). Acolle as augas dos tres grandes ríos: o ” Paraguay “, o ” Paraná ” e o ” Uruguay “. O embocar no ” Atlántico ” é unha inxente masa d’auga, con pouca corrente e de tintura amarela-vermellón ( cor de tixolo ), que se alonga ate acadar unha longura de máis de 300 kilómetros. Non hai que dicir que, a náutica por él, e se non fora pola súa cor avolta das súas augas, o viaxeiro non se da conta de atoparse nun río. A vida non pode acadar os confins das xunglas.
No ” Chaco “, chaira dilatada e sen moitos ríos, desenrolase unha vexetación de balseiras: como árbores, danse alí só as acacias, o quebracho, algunhas palmeiras e as figueiras chumbas, a ” Pampa ” é a pradeira extensión fastuosa sen árbores, e os poucos que alí se atopan, desenrolanse pouco, por feito da gran sequedade provocada polas contadas choivas o longo de seis meses cada ano. Ista gran chaira do silurio e da soedade é a que inspira as cantigas arxentinas. A ” Pampa ” pode dicirse, en verdade, que é a obra de ” España ” subsistindo na ” Argentina “, istas pradeiras de hoxe, foron terreos baldíos cando os españois colonizaron o país, mais fora do tesón e do traballo, fixose a ” Pampa ” produtiva. Os cabalos salvaxes, os touros e os carneiros que son hoxe en día a súa riqueza, foron principalmemte importados polos españois.
No medio d’esta chaira non hai apenas cidades: istas foron erguidas xunto o río, perto dos montes, onde os vals, acollen as augas dos ríos, acadan moita vizosidade. Na ” Pampa ” atopanse só as grandes celeiros para a cría de recuas inmensas, que están o coidado dos ” Guanches “, así chamanse os xinetes e pregureiros que saben coidar dos touros e os cabalos salvaxes botandolles o lazo, ó lixeiro percorrer dos seus corrais.
O ” Paraguay ” foi descoberta po ” Sebastián Cabot ” en 1527 e foi poboado diante de a ” Argentina “. En 1608, o rei de ” España “, ” Felipe III “, encomendou os pais ” Jesuitas ” a colonización apracíbel do país, e aqueles relixiosos erixiron centros que acadaron forte significación. Ó ser botados os ” Jesuitas “, foi o ” Parafuay ” a veciñanza da ” Plata “. Perdeu a súa independencia en 1814, sendo elexido dictador o ” Dr. Francia ” que decotou no goberno do país ate 1840.
De 1865 a 1870 , o ” Paraguay ” tivo que manter unha longa guerra contra ” Brasil “, ” Uruguay ” e ” Arxentina ” xuntos, coma resultado dunha política violenta do ” Presidente Paraguayo ” ” López “, ista guerra luíu e desbaratou iste pequeno país, que a fortes mágoas, puidose librar d’ista conflagrazón a súa propia independencia, o seu terreo rematou entón empequenecido a 253,000 kilómetros cadrados.
Hoxe vai desenrolándo sosegadamente as riquezas naturais, atópan, nembargantes, a cuestión dos terreos do ” Chaco “, en litixio con ” Bolivia “, e que as veces ameaza a paz de ambolos dous países.
A capital do ” Paraguay ” é ” La Asunción ” con 125,000 poboadores, contando con edificacións notabels.
Abundan eiquí as fragas: atópanse tamén numereiras lagóas e encalcos, e se cultivan moito a chamada ” Yerba Mate ” con a cal se fai unha bebida a cal amosanse moi amadores os americanos.
E ” Uruguay ” é un pequeno estado que ten só 179,000 kilómetros cadrados. Descobertas as súas costas en 1516 polo español ” Juan Díaz de Solís “, pode dicirsee que os españois non decotaron a colonización ate o século XVII. ” Bruno Mauricio de Zabala ” fundou en 1724 a cidade de ” Montevideo “.
” Artigas “, capitaneando un alzamento, procalmou a independenza do ” Uruguay ” en 1815, mais iste pequeno país cadrou d’aquela en poder dos potugueses, que se apoideraron de ” Montevideo ” e xuntaron iste terreo o do ” Brasil “, coma unha provincia máis ( Provincia Cisplatina ).
Tempo despóis, en 1825, apoiados pola ” Arxentina “, conseguiron reporse os uruguaios en liberdade: pasou unhas datas moi complexas, ate que o xeneral ” Flores ” gobernou maxicamente o país, sendo asasinado en 1868. Seguiu outro espazo de loitas entre brancos e colorados, e recentemente normalizouse a vida do ” Uruguay “, que acada fitamente por un camiño de desenrolo e adianto.
O terreo é crebado, mais as súas variacións non acadan moita altura: istas variacións, moi correntes no chan uruguaio, chamanse cuchillas.
Pola súa posición no nacente do continente americano, ista república coñecese tamén polo nome de ” República Oriental “: as súas produccións do agro son as mesmas que as da ” Argentina “.
A capital do ” Uruguay ” é ” Montevideo “, cidade de máis de 400,000 poboadores, con rúas maxestuosas e moi belos edificios: universidade, escolas, biblotecas. Atópase a o oeste unha colonia chamada ” El Cerro “, dende a cal vese, maxestuoso, a paisaxe da cidade, con as súas casas erguidas en anfiteatro, o revolto movemento do seu porto e o gran acopío do río.
A ” Argentina “é, logo do ” Brasil ” o maior estado da ” América del Sur ” e posibelmente o cabo duns anos constará entre as primeiras nacións do mundo: tal é o lixeiro do seu crecemento e desenrolo.
A migracíon dos europeos dou un xeito cosmopolita a ” Argentina “: istes colmaron a capital e distribuíronse pola ” Pampa “, compartiron cos indíxenas e os gauchos os xeitos das explotacións do agro e gandeiras.
A ” Argentina ” aproveita en fondura as súas dúas grandes fontes de riqueza: o agro e a gandeira. A primeira a representan grandes estensións nas que se cultivan trigais, millo, e liño fundamentalmente. A segunda a compoñen rabaños infidos de carneiros, de bois e vacas, de cabalos e de porcos.
Con anterioridade as bestas pastaban ceibes polos prados baixo a vixiancia dos gauchos ou pegueiros: hoxe atopánse as estancias, que son grandes estensións pechadas con aramados, onde os gandos pastan con maior movilidade e con menos traballo para refuxalos.
A vía férrea arxentina é a máis extensa da ” América del Sur “: chegan as vías a gran altura no ” Brasandino “, que conecta a ” Argentina ” con ” Chile “. O comercio faise en boa parte por vía fluvial empregandose ademáis o río de ” La Plata “, o río ” Paraná “, que é accesíbel os vapores ate ” Rosario “. Os grande portos do país son os de ” Buenos Aires “, ” Rosario ” e ” Bahía Blanca “.
Daniel Ara Music · Al Cantar – Platero y Tú (COVER VERSION)