Cumplindo a súa promesa o pai Eliberto faloume hoxe de ” Australia “: d’ista illa maxestuosa que é todo un continente colocada o sureste da ” Asia “, un pouco máis abaixo da liña do ” Ecuador “.
A súa superficie ven sendo como as 3/4 partes de ” Europa “: o seu chan está constituido por un gran bloque de rochas macizas, sen grandes montes nas súas ribeiras; istas xurden no lado oriental do país e se extenden un pouco cara o sur. O oeste está formado por un fastoso altiplano, e a parte central o constitue unha depresión en verdade, ista depresión é o fondo d’un mar desecado.
O clima é tropical nas chairas e quente nas zonas de montes: ístas deteñen os ventos húmidos do este e por semellante orixe tan seco a depresion central debido a falta de choivas, os ríos son escasos, só se poden considerar como tales algúns que se atopan o norte e este do país, o principal é o ” Murray “.
Lembrei ben que ” Australia ” ten animáis moi caraterísticos que non se atopan en ningún outro lugar da terra: tal como son o canguro, con as súas longas patas traseiras que lle permitesn dar grandes brincos, o ornitorrinco e o casuario, semellante a unha avestruz que leva na fronte unha portuberancia de óso .
A case totalidade da poboación australiana pertence hoxe a casta branca: restan no país uns 30.000 aborixes australianos, moi pouco civilizados, e que van perdendose no canto que vai aumentando a expansión do chan agrario; a raiz de que, o adiantar o agro, os aborixes van sendo botados as zonas das fragas.
Ista grande illa foi descuberta en 1770 polo afamado navegante e explorador ” Cook “. De primeiras foi só unha cidade erguida ex professo para capital: é dicir, construironse n’ela os grandes inmóbels e pazos ofociais sen ter con anterioridade poboación. O traballar aqueles organismos, pobouse a cidade de empregados, técnicos, tendeiros, e comerciantes. É un caso vredadeiramente origxinal e prodixioso.
O curruncho sureste da ” Australia ” o ocupa o estado de ” Victoria “: pola súa beleza se lle chama ” El Estado Jardín ” é o país máis vizoso e poboado e a súa capital, ” Melbourne ” ten máis de 80.000 poboadores.
O Altiplano que ocupa todo o oeste e parte do norte d’iste continente é a rexión chamada ” Australia Desierta “.
Logo da gran guerra europoea, ” Australia ” recibiu a encarga de administrar a antiga colonia de ” Nueva Guinea Alemana “.
¿ Que farán agora miña nai e miña irmá ?¡ Cánto tenpo sen velas !. Isto dame moita mágoa: se elas estiveran con nos, os días serían máis ditosos para todos. Decátome tamén que pai está algo apesarado as veces: deseguro lle pasará o mesmo que min.
Penso que de eiquí a tres ou catro días chegaremos a ” Yokohama “. Mañá enviaremos un radiotelegrama os avós, anunciéndolles a nosa vindeira chegada o país do ” Sol Naciente “. ¡ Teño gañas de pisar terra firme !.
BrandonPetrovic · Stitches – Shawn Mendez