Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

¡Oh, divina Saudade, compañeiras

che eu mostrara si é certo que as precuras;

son cal rosas contadas das roseiras,

estreliñas ausentes das alturas!

Lembranzas son de lindas pegureiras,

de fascinantes meigas criaturas,

que en noites de lunar das Coruxeiras

baixan ó fiandeiro de Cesuras.

A Lúas Chea brindalles raiolas

mentras, solene, as ve camiñar solas;

pero entóldase axiña… Coma bruxos

aparecen arteiros rondadores…

elas cantan, e os bravos aturuxos

turban a paz dos pinos turbadores.