Etiquetas

, , , , , , , , , , , , , , , , , , ,

Choraba eriba de un muro

Un minino inda manchado,

Mal mantido, mal seguro,

Non o había bautizado

Quen lle deu vêrse tan duro.

O can que alí ó botou

Miña joya, que mal fixo?

Que pecado lle mandou

Que afogados non o quixo

O leite que non mamou?

A Curuja e mai lo Ralo

Que son paxaros da morte

Ja agoiraban de levalo

Cantando da súa sorte

Un de un pino outro de un valo.

Mais a probe caridade

Dalle a vida ao achadizo,

Que Dios na súa bondade

A quien non ten pais, por iso

Dalle pai na humanidade.

Na aldea onde apareceu,

Onde coiro o atoparon

De limosna se cubreu,

Nun-has pallas o deitaron

Entre crabitos creceu.

Logo que se despertou

Deronlle outro alojamento;

Pouco num mesmo parou,

Comia pan barolento

Que sempre en choroos mollou

Ninguen seu choro alimpaba,

Nin mimo algun lle facia,

Que sua nai lle faltaba

Unico ben que queria

E por seu mal non o achaba.

Sempre aquelas badaladas

Lle magoaban o peito,

E sabian bagoadas

Po los dous ollos a heito

De saloucos misturadas.

Si miraba outro minino

Que praceres estudiaba

Nos ollos do seu paisiño,

E que cabuxos tomaba,

Porque lle de se un biquiño.

A vista se lle apagaba,

E morbo coa sua tristura

Nos seus adentros chamaba

Deventurada criatura

A quen sua nai refugaba.

Entre miserias, rigores,

Desdichas sempre bafado,

Desprezos, e sinsabores,

De alleos ollos mirando

Pasa os seus dias mellores.

Como a semente perdida

Que cae o pé da figueira

Que alí se lle aceda a vida

E o cabo e derradeira

Crece mirrada e tullida.

Fillo de gracia cativa

Pouco che importa ser Rey,

Que aquelas chaga nativa

Non a cura ningun-ha ley

Antes de cote se aviva.

Pescudaras por teu pai

Que non se lembra de tí,

Chamaras por tua nai

Que o fillo botou de si

E non responde ò teu ay!

Irás a cavo do muro

Por si quien alí botou

Naquela noite de escuro

Algun-ha vez lle pesou

E volve no teu precuro.

Mal pecado en valde esperas

O pé do teu verse duro,

Que son mais branda las pedras

Donde foches mal seguro

Arroupado cun-has edras.